Broche de ouro europeo ao ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra
Por Daniel Santomé
O ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra chegou á súa fin cun concerto moi esperado. O Teatro Principal acolleu este xoves unha mostra do traballo conxunto entre a formación pontevedresa e os membros da Academia Europea de Dirección.
Ante un auditorio completamente cheo, as diferentes pezas que se interpretaron estiveron dirixidos por Nicolás Leiro, Francisco Abal, Filipe Cunha, Adrián Viñas, Javier Oliveira, Joao Carlos Abrantes, Francisco Mora e Óscar Prieto.
Todos eles encabezaron á BMP nun amplo repertorio composto por pezas de compositores franceses, alemáns ou ingleses.
Con este concerto, a Banda de Música de Pontevedra despide o seu ciclo de butaca tras nove actuacións dende o pasado mes de xaneiro, todas elas -como é habitual- cun grande apoio do público da cidade.