Maxia, teatro, circo e contacontos pechan a programación de Nadal
Por Oskar Viéitez
As Festas de Nadal chegan ao seu remate cunha ampla programación de actividades infantís no centro urbano e no rural pontevedrés.
Mañá, día 3, celebrarase un Mini-Circo na praza de Méndez Núñez, tamén a partir das 17.00 horas.
A Concellaría de Festas rematará a súa programación festiva de Nadal co tradicional Cantar de Reis a cargo dos Chichisos que será o vindeiro 4 de xaneiro a partir das 17.30 horas polas prazas e rúas da cidade.
Até o luns, 7 de xaneiro a programación é a seguinte:
Xoves, 3 de xaneiro:
- Casa do Pobo de Cerponzóns. 18.00 horas. Conto Ilustrado: "Polo correo do vento. O debuxante de soños contra a mala sorte ".
- Centro Cultural de Ponte Sampaio. 18.00 horas. Maxireciclaxe de Mago Pedro Volta.
- Centro Cultural de Cabanas, Salcedo. 18.00 horas. Contacontos Pavís Pavós. Que frío! Contos para o nadal.
Venres, 4 de xaneiro:
- Centro Cultural de Monte Porreiro. 17.00 horas. Migallas Teatro. Camiño de Historias.
- Centro Cultural da Devesa. 18.00 horas. Contacontos Pavís Pavós. Que frío! Contos para o Nadal.
- Casa da Cultura de Cons, Mourente. 18.00 horas. Expresión teatro. Conto Contigo.
- Colexio de Pio, Bora. 18.00 horas. Mago Pedro Volta. Maxireciclaxe.
- Teleclub de Xeve, 18.00 horas. Baobab Teatro. Contos do Azar.
Sábado, 5 de xaneiro:
- Cabalgata de Reis.
Luns, 7 de xaneiro
- Centro Cultural de Lérez. 18.00 horas. Mago Xavier Muro. Conto máxico.