David Guapo e Goyo Jiménez en Pontevedra para afrontar a ‘volta o cole’ con humor
Por Alejandro Espiño
Din algúns que setembro é un dos meses máis duros do calendario. Os nenos deben de volver ao colexio e os adultos, na súa maior parte, regresan ao traballo tras o período estival de vacacións. Pero en Pontevedra teremos unha boa dose de humor para poder afrontalo do mellor xeito posible. Será grazas aos cómicos David Guapo e Goyo Jiménez, que estrearán na cidade os seus novos espectáculos.
O primeiro en chegar será David Guapo, que subirá ao escenario do auditorio de Afundación en Pontevedra o venres 18 de setembro, a partir das nove da noite.
Farao con Que no nos frunjan la fiesta, un espectáculo que é máis que un monólogo, un diálogo de hora e media, en tanto que o público participa no devir da obra tanto como o artista e cheo de improvisación, música e interacción cos espectadores.
As entradas para ver o cómico catalán, popular pola súa participación en programas de televisión como Sé lo que hicísteis ou El club de la comedia, pódense adquirir a un prezo de doce euros en www.ataquilla.com.
Pola súa banda, Goyo Jiménez actuará o seguinte venres, 25 de setembro ás oito da tarde, no Pazo da Cultura.
No seu caso, poñerá en escena o espectáculo En verdad os digo. Trátase dunha montaxe no que, o para moitos mellor monologuista cómico do país, deleitará ao público co seu sorprendente, mordaz e desternillante visión da realidade e de como nos enganan constantemente, sen nocturnidade nin aleivosía.
En www.ataquilla.com tamén poden comprar as entradas para este espectáculo, a un prezo de quince euros.