Alexandre Bóveda, protagonista dunha banda deseñada que pretende reivindicar e difundir a súa figura
Por Alejandro Espiño
Unha nova publicación busca reivindicar e difundir a figura do político e intelectual galeguista Alexandre Bóveda. Pero faino dunha forma novedosa, en forma de novela gráfica. ÿ o protagonista de Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza, unha banda deseñada que analiza a súa vida e a súa obra. ÿ, segundo os seus creadores, "un bo soporte para lembrar a Bóveda e a súa importancia dentro da cultura galega".
Trátase dunha publicación que naceu, case, por casualidade. "Xurdiu ou 17 de agosto", explica a historiadora María Xesús Arias, responsable dos textos desta novela gráfica. "Viñemos ao tradicional acto homenaxe de Bóveda e se nos ocorreu facer algo". O proxecto, impulsado por Sonradiofusión, a Asociación de Amizade coa Radio Local en Galicia, pretende achegar a figura de Bóveda "a un público máis amplo dos que poidar ler unha das súas biografías".
"Pensei que era un personaxe descoñecido por determinado público, lector de banda deseñada", asegura a súa autora, que apostou por un libro de 48 páxinas e que supuxo "un importante traballo de síntese, para presentar un Bóveda moi actual, unha biografia curta cos momentos estelares da súa vida", entre os que destacou a súa achega ao Estatuto de Autonomía ou as súas propostas económicas como "o banco galego que el reclamaba".
Pola súa banda, o ilustrador desta novela gráfica, Carlos Sardiña, explicou que "tratei de facer algo atractivo, buscando cores vivos para chegar á mocidade e a todos aqueles que non coñecen a figura de Bóveda". Recoñece que para el foi todo un reto "reflexar unha época convulsa e unha personaxe tan atraínte" e asegura que el mesmo se viu atrapado pola historia. "Foi unha aventura moi bonita e estou moi satisfeito deste traballo".
María Xesús Arias apuntou que a historia desta banda deseñada arrinca coa petición dun fillo á súa nai para que lle axude a facer un traballo sobre Alexandre Bóveda. A partir de aí, vanse desgranando "as pinceladas máis relevantes do seu pensamento e da súa vida", cun notable protagonismo da cidade de Pontevedra, onde Bóveda pasou gran parte da súa vida.
Para poder editar este traballo, os seus creadores baseáronse no micromecenazgo ou crowfunding para financialo. Así editáronse mil exemplares a un custo de 4.300 euros, unha cantidade de diñeiro que seguen recaudando no portal Verkami.com.
A presentación desta novela gráfica, que tivo lugar no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) de Pontevedra é o primeiro acto que se enmarca dentro das actividades coas que a Fundación Alexandre Bóveda inicia a celebración do 110 aniversario do seu nacemento, efeméride que se celebra neste 2013.