De Abbey Road ao Pazo da Cultura: Furious Monkey House, as novas estrelas do rock
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Son os cinco estudantes máis rockeiros da cidade, Mariña, Manu, Irene, Carlota e Amaya acompañados por un mono xigante conforman Furious Monkey House, un grupo pontevedrés con integrantes que non exceden os 13 anos e que o vindeiro domingo 25, ás 19.00 horas, subirán ao escenario do Pazo da Cultura para ofrecer un concerto dentro do ciclo Imperdibles. As portas do Pazo estarán abertas a partir das 18.30 horas.
Será a primeira oportunidade para escoitar en directo os temas do seu disco 'Run', que foi gravado no histórico estudo de Abbey Road onde os Beatles elaboraron a maior parte da súa discografía. Gonzalo Maceira, creador da banda e o músico que toca o baixo tras unha máscara de mono, presentaba este xoves 22 no Concello de Pontevedra o concerto acompañado pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, e o promotor Kin Martínez.
O concerto servirá para presentar o álbum que oficialmente sairá á venda o 13 de novembro. Un disco no que, segundo Gonzalo Maceira, os nenos viviron unha experiencia incrible nos lendarios estudos: "convertéronse en pequenas estrelas de rock and roll", afirmou o creador, ao destacar que os pequenos aguantaron o ritmo dos músicos adultos durante 12 horas.
Maceira explicou que o grupo xurdiu en marzo de 2014 con dous dos seus alumnos que eran moi rebeldes ás que decidiu crearlles un obradoiro de expresividade no que elas se mostraron creativas realizando cancións en inglés contra o propio Gonzalo. Así xurdiu 'Heavy boy', un dos primeiros éxitos da banda que se iría formando cos outros tres novos integrantes.
O concerto do domingo será gravado para colgalo posteriormente nas redes sociais. As entradas xa se poden adquirir ao prezo de 12 euros en Ataquilla.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Diego 'Blind Crows', feito para tocar forte
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- A playlist de... Furious - Mariña e Irene - Monkey House
Por Marisa Ciordia |
-
Furious Monkey House, ao festival PortAmérica
Por Alejandro Espiño |
-
Furious Monkey House ofrecerán 'cancións por regalos' o 2 de xaneiro no Gaiás
Por Alejandro Espiño |
-
O rock and roll infantil corre polo Pazo da Cultura con Furious Monkey House
Por Diego Torrado |
-
Xoel López completa o ciclo Imperdibles: actuará no Pazo da Cultura o 11 de decembro
Por Alejandro Espiño |
-
The Sonics inaugura o ciclo Imperdibles cun concerto para os seus seguidores máis fieis
Por Diego Torrado |
-
Furious Monkey House enche a Sala Karma días antes de ir a Londres a gravar o seu primeiro disco
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O rock infantil de Furious Monkey House enche a sesión vermú de Karma
Por Diego Torrado |