"Nana para un soldado" de Teatro dos Ghazafelhos abre as funcións para escolares de Afundación
Por Redacción & Cristina Saiz
Con Nana para un soldado da compañía Teatro dos Ghazafelhos, Afundación deu inicio á súa programación de espectáculos de artes escénicas para escolares en Pontevedra.
Preto de 2.600 nenos e nenas de centros educativos da comarca de Pontevedra pasarán polas seis funciones previstas para este espectáculo, cuxa representación concluirá este mércores.
Escrita e dirixida por Pepablo Patinho e representada por Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho, Nana para un soldado xira ao redor da historia de dous soldados que coinciden na fronte cunha muller que está a piques de dar a luz. Comedia e poesía xúntanse nesta historia que mostra o máis duro da guerra pero tamén o máis fermoso das persoas.
As próximas citas escénicas, para as que xa reservaron praza un total de 21.500 escolares, terán lugar os días 9, 10 e 11 de decembro, con Lío en la granja, unha sátira da sociedade actual contada a través dun grupo de animais que conviven nunha granxa; do 20 ao 22 de xaneiro con Alice, baseada no clásico de Lewis Carroll; ou do 1 ao 3 de febreiro con Cousas de 4.
Ademais, do 17 ao 19 de febreiro representarase Aurora; do 2 ao 4 de marzo Rodarirrodari; do 31 de marzo ao 1 de abril Estamos no verán, unha obra que combina baile, música e teatro para que os máis pequenos páseno en grande, e por último, do 18 ao 21 de abril será a actuación do exitoso grupo de música infantil Mamá Cabra, que co seu espectáculo 15 primaveras poñerá o punto final ás actividades.
Relacionadas:
-
'Estamos no verán'... con música e baile en Afundación
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A obra 'Cousas de 4' será a vindeira semana cousa de 2.800 escolares en Afundación
Por Redacción |
-
Verónica Forqué, Gabino Diego ou Tricicle, teatro en Afundación no primeiro semestre de 2016
Por Alejandro Espiño |
-
Máis de 2.700 escolares acudirán á representación de 'Lío en la granja' esta semana
Por Redacción |