Volven os Domingos do Principal e volven con éxito
Por Anxo Lourido & Diego Torrado
Nin a forte chuvia mañaneira deste domingo 27 puido co entusiasmo dos máis novos que dende antes do mediodía xa facían cola acompañados polos seus pais ante a billeteira do Teatro Principal para asistir á primeira sesión teatral do ciclo Domingos do Principal.
Nesta ocasión, os nenos descobren a historia de Pío, un paxaro que nace só e non sabe quen é. A proposta da compañía galega Caramuxo Teatro abre unha interesante mostra que contará con funcións de mañá e de tarde (18:30 h.) durante os domingos. Ademais de Caramuxo, Domingos do Principal presentan nesta edición a Yllana, La Maquiné, Marie de Jongh, Barobil Teatroa e as galegas Baobab e Teatro dos Ghazafelhos.
As sesións teñen un prezo de 3 euros, con abonos para as sete funcións por 16 euros. As entradas poden adquirirse a través de Servinova.