Unha mostra itinerante para fomentar a "actitude crítica" contra a violencia machista
Por Redacción
O Sexto Edificio do Museo inaugurou este mércores a exposición Violencia Zero, una mostra itinerante que recolle os resultados do proxecto de acción artística contemporánea Mulleres en acción: violencia zero levado a cabo o pasado 25 de novembro no espazo público de dez concellos da provincia.
Esta mostra percorrerá os concellos -entre eles Pontevedra, Vilagarcía ou Caldas de Reis- nos que se desenvolveu o proxecto co obxectivo de reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país e, por extensión, no mundo.
Ademais de fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica cara esta lacra social, a mostra promove tamén a visibilidade das artistas novas galegas, realizando un achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, da experiencia e da creación colectiva, incentivando a integración de mulleres e homes na loita contra a violencia machista.
Artistas como Carme Nogueira, Ana Gesto, Adriana Pazos, Iria Acevedo, Rosa Neutro, Ánxela Blanco, Mónica Mura, Neves Seara, Laura Piñeiro, Mery Pais e Paulova foron as encargadas de dar corpo a Mulleres en acción: violencia zero.
Relacionadas:
-
Carmela Silva pide rematar coa lacra do machismo nun acto de 'Violencia Zero' en Marín
Por Redacción |
-
O programa #violenciazero medra e terá actividades todo o ano en 25 concellos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Concentración polos tres últimos crimes machistas
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |
-
"A marquesa Vermella" dará nome á Escola de formación en igualdade para mulleres electas
Por Oskar Viéitez |
-
Contra a violencia machista, tamén teatro: 'A herdanza' encheu o Teatro Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Ata que a morte nos separe
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |