Extravaganzza Pérez, unha nena coas ideas moi claras, protagonista do novo libro de Ledicia Costas
Ledicia Costas, gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, presentou o luns 22 o seu novo libro na Casa das Campás, converténdose así na escritora que publicou a primeira obra con motivo do Salón do Libro.
O seu novo libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez" trata da viaxe dunha nena que se chama Extravaganzza. Esta percorre o mundo visitando diferentes ecosistemas, "como o lema do salón do libro era "Canta bichería!" e isto ía de bichos e de animais, quixen construír o libro en forma de viaxe para que ela vaia descubrindo as diferentes especies que hai polo mundo", explica a autora.
A protagonista é unha "nena peculiar, pero con moita personalidade, valente e coas ideas moi claras" comenta Ledicia. A pequena ten unha discapacidade polo que naceu con lentes. Esa combinación xunto coa súa forma de compaxinar a roupa foi o que deu lugar ao seu nome. "Pensa que pasar o ferro a roupa é unha perda de tempo e gústalle combinar lunares con rombos, é un pouco extravagante", relata a autora.
A pesar de ser un libro recomendado para nenos entre 9 e 12 anos a escritora está segura de que ese rango de idade aumentará, xa que é "unha lectura moi sinxela, unha historia fácil de ler", expresa Ledicia.
Como proxectos futuros a autora cóntanos que ten en mente escribir outro libro para un público adulto, pero que de momento non será posible, "ata dentro dun par de meses non creo que poida sentarme diante do computador".
Confesa que oxalá este libro teña o mesmo éxito que o anterior, co que foi galardoada, pero admite que iso nunca se sabe. "Oxalá o libro chegue a moitas persoas e consiga conquistar tanto a nenos como a adultos, pero non hai receitas máxicas, nin unha chave para conquistar o corazón dos máis pequenos".
Relacionadas:
-
Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández Serrano escribirán o paso á maioría de idade do Salón do Libro
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Busca os libros de 'As peripecias de Extravaganzza Pérez' en puntos emblemáticos da cidade
Por Redacción |
-
"Merendando contos" cos máis pequenos nas librerías de Pontevedra
Por Elena Álvarez Quintá |
-
'As peripecias de Extravaganzza Pérez', Orbil e moita bichería para facer medrar o amor polos libros
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Salón do Libro presenta o cartaz da súa 17º edición "Canta Bichería!" dentro do Culturgal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
'As peripecias de Extravaganza Pérez' de Ledicia Costas, primeiro libro editado con motivo do Salón do Libro
Por Anxo Lourido |
-
Os animais, protagonistas do XVII Salón do Libro baixo o título 'Canta bichería!'
Por Redacción |