O músico Zan Hoffman actúa esta noite en Bueu
Por Redacción
Zan Hoffman é un músico e artista do movemento visual norteamericano. Iniciou a súa carreira na década dos oitenta. Dende entón editou unha innumerable cantidade de material tanto en solitario coma en colaboración con outros artistas. Realizou actuacións en Estados Unidos, Dinamarca, Holanda... e en importantes festivais españois de música experimental.
O concerto contará tamén coa actuación de Diadermin e se celebrará no Bar Labranza de Meiro en Bueu a partir das dez da noite e o prezo das entradas é de 4 euros.