Aínda quedan prazas para adultos nos obradoiros do Salón do Libro
Por Redacción
O Salón do Libro "Canta Bichería" oferta prazas nos obradoiros para adultos que terán lugar a semana do 18 ao 22 de abril. Calquera persoa maior de 18 anos poderá asistir as actividades "A bichería nos contos" de CSIC Galicia e "Creación de materias didácticos" ata cubrir vacantes.
A vindeira semana darán comezo os obradoiros para adultos que se veñen impartindo dende hai anos no Salón do Libro. Inicialmente destinados a persoal docente, ao non ter cubertas todas as prazas, permitirase a inscrición de calquera persoa maior de 18 anos interesada en completar a súa formación en algún dos eidos sobre os que traballarán estas dúas actividades. O correo de inscrición é salondolibro@salondolibro.org
Os obradoiros, impartiranse nas instalacións do Pazo da Cultura a semana do 18 ao 22 de abril en horario de 18 a 20 horas. De caracter presencial, ao remate entregarase un certificado de asistencia (non homologado).
- "Investigando a bichería dos contos" – CSIC Galicia
- Nº Prazas vacantes:10
- Obxectivos: Mediante o emprego dos contos como ferramenta pedagóxica e co apoio do texto e/ou das ilustracións os participantes investigarán, algúns animais singulares e tamén as súas relacións ecolóxicas. A docencia inclúe os animais na prehistoria e prácticas sinxelas para levar ás aulas co obxectivo de espertar a curiosidade pola natureza e os seres vivos, coñecer os ciclos de vida e as singularidades dalgúns animais, fomentar a capacidade de observación e a comprensión de conceptos científicos sinxelos, etc.
- "Recursos dixitais para a creación de materiais didáctico" – CEO Aberto
- Nº Prazas vacantes: 2
- Obxectivos: Mediante a presentación de materiais e recursos tecnolóxicos útiles, versátiles, sinxelos e maioritariamente gratuitos, realizarase unha actividade, na que cada asistente traballará con contidos do seu interese.
- Contidos:
- Iniciación a programación con Scratch.
- Incorporación do dispositivo Makey Makey en Scratch.
- Introdución ó uso de softwares de Realidade Aumentada na educación
- Iniciación ás técnicas de escaneado 3D de baixo custe para o seu uso en educación.
- Introdución á Gamificación en educación a través de MinecraftEDU.
Relacionadas:
-
Orbil despídese ata o próximo ano tras recibir 1.400 visitas diarias en 'Canta bichería!'
Por Diego Torrado & Natalia Puga |
-
'Sons Miúdos' presume de música infantil en galego no marco do Salón do Libro
Por Redacción |
-
Música, contos e ilustracións mestúranse no espectáculo "A sinfonía das fábulas"
Por Redacción & Mónica Patxot |