Unha actriz brasileira, un director portugués e un realizador galego, xurado do FicBueu 2016
Por Redacción
Un xurado internacional integrado por tres destacados profesionais do eido do cinema avaliarán os filmes que concursan na novena edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.
A premiada actriz brasileira Joana de Verona, o recoñecido guionista e realizador portugués André Marques e mais o director e profesor vigués Xoán Escudero reúnense por primeira vez na vila esta fin de semana.
Os tres especialistas do xurado terán que pronunciarse sobre as vinte curtas da sección Competición que concorren aos galardóns do FICBUEU 2016, que se celebrará entre o 10 e o 18 de setembro.
O festival está dotado cun Primeiro Premio de 3.000 euros, un Segundo Premio de 1.000 euros e un galardón de 500 euros para a Mellor Curtametraxe Galega, alén dos premios do Público e o de Mellor Curtametraxe de Escola.
Haberá ademais diplomas para o mellor director, guión, actriz, actor, fotografía, dirección artística, vestiario, maquillaxe/perruquería, son, montaxe e música.
Relacionadas:
-
O FICBueu agarda "manter a maxia" do seu comezo nunha ambiciosa novena edición
Por Alejandro Espiño |
-
O voluntariado ten unha cita co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
Por Redacción |
-
Pinchos de cine, en Bueu
Por Redacción |
-
O FICBUEU achega o cinema en sala ás novas xeracións
Por Redacción |
-
O FICBUEU amplía as proxeccións a máis de 60 filmes
Por Redacción |