O Armadiña Rock, listo para encher de música Combarro entre o 26 e o 28 de agosto
Por Alejandro Espiño
A Praza da Rualeira de Combarro foi o lugar elixido para a presentación da oitava edición do festival Armadiña Rock. A principal novidade desta edición é o paso de un a tres días. Celebrarase na vila os días 26, 27 e 28 de agosto.
Durante todo o festival, a Asociación Armadiña organizará 14 actuacións musicais, tres actividades teatrais-circenses, unha exposición de fotografía, un coloquio sobre a situación da música galega, unha presentación dun proxecto documental sobre os refuxiados, unha mostra dos mellores curtametraxes da pasada edición do Curtas Armadiña, un concurso de balcóns e un festival para os máis cativos.
Pero de novo, a principal aposta do Armadiña Rock é a música, especialmente a que se fai no país e en galego, xa que case todas as bandas do cartel deste ano son galegas.
Actuarán nesta edición Siniestro Total, Banda Basotti, Ses, Terbutalina, Nao, Banda Crebinsky, The Lákazans, Agoraphobia, Tractor Troy, Noite Fechada, Poetarras, Cora Sayers, Fanfarria Taquikardia e Pulpiño Viascón.
A programación é a seguinte:
VENRES 26
- 18.00 e 20.00 horas: Representación da obra Breve-Mente de Agarimo Teatro.
- 19.00 horas: Espectáculo de humor e clown
- 21.30 horas: Pasarrúas con Fanfarria Taquikardia.
- 22.30 horas: Concerto de The Lákazans, Siniestro Total, Terbutalina e Tractor Troy, na Praza da Chousa.
SÁBADO 27
- 11.00 horas: Armadiña Kids, obradoiros para nenos na Escola de Campo.
- 12.00 horas: Actuación de Pulpiño Viascón e os Instrumentos Máxicos na Praza de San Roque.
- 13.30 horas: Sesión vermú na Praza da Rualeira con Poetarras.
- 17.30 horas: Presentación do documental sobre os refuxiados, no Peirao.
- 18.00 horas: Mesa redonda sobre a situación actual da música galega, no Peirao.
- 20.00 horas: Circo na rúa da man de As Sircópatas.
- 21.00 horas: Concerto de Noite Fechada, Agoraphobia, Banda Crebinsky, Sés, Banda Bassoti e Nao, na Praza da Chousa.
DOMINGO 28
- 13.15 horas: Entrega de premios do concurso de balcóns, na Praza da Rualeira.
- 13.30 horas: Sesión vermú na Praza da Rualeira con Cora Sayers.
O festival Armadiña Rock encádrase, outro ano máis, dentro da Festa do Mar de Poio.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cora é "La chica de ayer"!
Por Marisa Ciordia |
-
Baixada de prezos para "a mellor" edición da Festa do Mar
Por Diego Espiño |
-
"Brico Armadiña" o novo spot do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
Banda Bassotti e Agoraphobia súmanse a un Armadiña Rock que non deixa de crecer
Por Redacción |
-
Sés, Nao e Tractor Troy súmanse ao cartel do Armadiña Rock 2016
Por Redacción |
-
Siniestro Total, Terbutalina e The Lakazans no Armadiña Rock 2016
Por Redacción |