Pontevedra rende a súa primeira homenaxe ao falecido Sabino Torres
Por Redacción & Diego Torrado
Os tres poetas impulsores da revista Olga, Vicente Araguas, Rafael Yáñez e Manuel Pereira; o concelleiro de Cultura en Pontevedra, Luís Bará; a filla e a neta de Sabino Torres, María Torres e Laura Mundo Torres; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; a profesora da Universidade de Vigo e máxima coñecedora da obra de Torres, Ana Acuña. Son só algúns dos nomes que se deron cita este sábado na Casa das Campás para render homenaxe ao editor, xornalista e membro da RAG Sabino Torres, o primeiro na súa cidade desde o seu falecemento no mes de maio.
Unha homenaxe a Sabino Torres non necesita escusas, na súa longa traxectoria persoal e profesional fixo méritos suficientes para recibir o recoñecemento da súa cidade, pero nesta ocasión si habia unha desculpa. A cita convocouse para presentar a revista Olga, a Revista de poesía galega en Madrid e o último proxecto literario do editor, que saíu á luz tan só uns días antes da súa morte.
A publicación ten ata o momento tan só un número, pero os seus editores confían en que antes de Nadal salga o segundo e que, a partir de agora, teña dous exemplares ao ano. Será a mellor homenaxe posible a Sabino Torres, pois Olga naceu ao fío do faladoiro literario do Grupo Bilbao na que participaba no Café Comercial de Madrid e o primeiro número inclúe dous poemas seus.
A presentación da revista e a homenaxe a Sabino Torres tivo, como non podía ser doutra forma, un protagonismo especial da poesía, coa lectura de varios poemas, entre eles, os dous do falecido que se publican na edición publicada en abril, que forman parte de Noites con Violeta, a súa obra inédita que aínda non viu a luz.
Relacionadas:
-
RADIO.- A "Mimitos" regresa a Pontevedra... a través da cámara de Manolo Yáñez
Por Marisa Ciordia |
-
"Lembranza dun fillo querido, predilecto, desta cidade que tanto amou"
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Pontevedra entregará este sábado á familia de Sabino Torres o título de fillo predilecto
Por Redacción |
-
Sabino Torres, novo fillo predilecto de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Sabino Torres será nomeado fillo predilecto de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra renderá homenaxe a Sabino Torres coa presentación da revista Olga, o seu último proxecto editorial
Por Redacción |
-
A corporación apoiará o nomeamento de Sabino Torres como fillo predilecto de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Diego Torrado & Mónica Patxot |
-
Falece en Madrid o escritor e editor pontevedrés Sabino Torres
Por Redacción | Creada e actualizada