Nova convocatoria dos premios de poesía e xornalismo Johán Carballeira
Por Redacción
O Concello de Bueu acaba de convocar o XX Premio de Poesía Johán Carballeira de Poesía e o XIV de Xornalismo, dous certames que xa son todo un referente e que buscan homenaxear a figura do poeta, escritor, xornalista e alcalde de Bueu, Johán Carballeira, fusilado no ano 1937 a mans dos franquistas.
Segundo a información difundida polo Concello de Bueu, todas as persoas que desexen participar poderán enviar por correo ordinario ou electrónico as súas obras escritas en galego antes do 16 de xaneiro de 2017. Ambos premios están dotados de 1.500 euros, e no caso do de poesía, o Concello publicará coma todos os anos o poemario gañador da man de Editorial Xerais. As bases de ambas as dúas convocatorias poderán descargarse na páxina web do Concello.
Estes premios naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista buenense e xa inclúen como gañadores na categoría de xornalismo a Antón Lopo, Francisco Seoane Pérez, Óscar Curros Moure, Moncho Paz, Cristian López Iglesias ou Arturo Sánchez Cidrás. Na categoría de poesía, gañaron o certame poetas tan recoñecidos como Pura Tejelo, Xosé Carlos Caneiro, Yolanda Castaño, Xurxo Alonso, Mario Regueira, Berta Dávila, María Carmen Caramés ou Ismael Ramos.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Yolanda Castaño: Pase o que pase sempre poesía
Por Marisa Ciordia |
-
Montse Dopico e María Obelleiro, gañadoras do premio Johán Carballeira de xornalismo
Por Redacción |
-
65 traballos optan aos premios Johán Carballeira
Por Redacción |
-
Antón Lopo recibe en Bueu o XIII Premio Johán Carballeira de xornalismo
Por Redacción |
-
Antón Lopo acada o XIII Premio Johán Carballeira de xornalismo
Por Redacción |
-
O premio Johán Carballeira de poesía acada nesta edición un récord de participantes
Por Redacción |