A banda pontevedresa Vortex pon en marcha orixinais iniciativas para promover o seu novo disco
Por Redacción
A banda musical de metal de Pontevedra, Vortex, que se constituíu como unha empresa local, ten previsto sacar un novo disco para o que están a recoller fondos a través dunha campaña de crowdfunding e vai desenvolver orixinais iniciativas para promover este traballo discográfico
Un dos membros da banda, Marcos Rodríguez, presentaba acompañado do concelleiro Demetrio Gómez esta proposta que se centrará nunha actividade xeocaching a través da que os seguidores deste grupo terán que atopar exemplares de Confessions, o seu primeiro ábum. Esta iniciativa comezará este venres 26 de agosto. Aqueles afortunados que localicen estes cd's terán que sacarse unha fotografía e publicala nas redes sociais para recibir unha camiseta e o novo disco da agrupación.
Tamén levarán a cabo un concurso de fotografía. A foto gañadora servirá para promocionar á banda. Ademais desenvolverán un videoclip utilizando a técnica de 360 graos para, aproveitando o Tek-Fest, no que se verá a cidade con tomas aéreas e que que poderá verse a través de lentes virtuais.
O Concello colaborará con estas actividades achegando ao redor de 5.000 euros.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Jacobo Sainz: Unha guitarra con historia por un novo proxecto musical
Por Marisa Ciordia & Cristina Saiz |
-
Vortex 'confésase' co seu primeiro disco, coa vista posta no seu concerto xunto Soziedad Alkoholika
Por Alejandro Espiño |
-
Vortex busca mecenas a través de crowfunding para poder gravar "Confessions", o seu primeiro disco
Por Alejandro Espiño |