Ademais de cine, o FICBUEU ofrece rutas de sendeirismo, de navegación e gastronómicas
Por Redacción
A novena edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) ofrece na súa programación tres rutas, que van desde unha camiñada por Cabo Udra ata a degustación de tapas de cinema, ademais dun percorrido a bordo de embarcacións tradicionais a través da asociación Os Galos.
A ruta das 'Tapas 5 estrelas' estará activa entre o 10 e o 18 de setembro nunha ducia de establecementos de Bueu. Serviranse petiscos con nome cinematográfico e os comensais poderán votar a mellor proposta. Por cada cinco establecementos nos que selen o cupón entrarán no sorteo de tres vales de 50 euros, tres de 30 euros e un abono anual dobre para o Cineclub Bueu.
A ruta do sendeirismo polo espazo da Rede Natura 2000 e o paseo pola ría, que leva por título 'Galos do mar' realizarase o sábado 17 de setembro, ás 10.00 e ás 16.30 horas. Terán como punto de encontro o Centro Social do Mar. Estas actividades serán gratuítas e terán prazas limitadas. As persoas interesadas deberán inscribirse enviando os seus datos persoais a info@ficbueu.com ou a través do despacho de billetes do Centro Social do Mar. Este despacho de billetes abrirase o próximo día 10 a partir das 11.00 horas.
Relacionadas:
-
Máis de 2.000 persoas asisten ao FICBUEU nos primeiros catro días de Festival
Por Redacción |
-
Cinema galego para dar a benvida a un novo FICBUEU
Por Redacción |
-
O FICBueu agarda "manter a maxia" do seu comezo nunha ambiciosa novena edición
Por Alejandro Espiño |
-
As entradas para o FICBUEU sairán á venda este luns 29
Por Redacción |
-
Abre a inscrición para o obradoiro sobre a realización de curtametraxes do FICBUEU
Por Redacción |