Barro celebra unha nova edición do concurso de Curtas D-medo
Por Redacción
A utilización de teléfonos móbiles para a creación de obras audiovisuais é o eixo principal do concurso de Curtas D-medo.
Os tema elexido é a noite de defuntos.
No concurso poden participar persoas de máis de 16 anos, tanto en grupo (de ata 5 persoas) como de forma individual e as curtas non poden ter unha duración superior a 3 minutos.
Os participantes que o desexen disporán dun servizo de orientación e asesoramento os martes e sábados do mes de outubro na Biblioteca de Barro, dirixido por unha graduada en audiovisuais.
Tódolos vídeos recibidos que cumpran os requisitos de participación proxectaranse a noite do luns día 31 de outubro, onde se decidirán os gañadores tanto polo público como polo xurado.
Hai cinco premios do xurado e un do público. Os premios do xurado son:
- 1º premio: 300 euros,
- 2º premio: 1 teléfono LG K10, 4 cargadores inalámbricos de Samsung e 4 chaves USB
- 3º premio: 5 pases para as Termas de Cuntis
- 4º premio: vale de 75 euros de compra nun supermercado
- 5º premio: 5 ceas para levar para 5 persoas.
- A curta que elixa o público recibirá como premio 5 tablets de 9 pulgadas e 32 gigas.