O pontevedrés JJM Veiga presenta a súa novela negra "Cuando el destino nos alcance el maíz seguirá creciendo"
Por Redacción
O autor pontevedrés J.J.M. Veiga presentará este venres a súa novela Cuando el destino nos alcance el maíz seguirá creciendo. Será ás 20.00 horas, na librería Metáfora situada na rúa Paio Gómez Charino, e o autor estará acompañado do editor, Antonio de Egipto Suárez.
Trátase dunha novela negra descarnada e directa, que gustará aos amantes da literatura sureña e a América profunda, a quen algunha vez pensaron en coller unha guitarra e percorrer a medianoite os cruces de camiños esperando atopar ao diaño para entregarlle a súa alma a cambio do don do blues e o rock and roll.
- Sinopse: O ritmo bole nos juke point de Luisiana. O sexo, a violencia e o racismo respírase nas rúas. Aquel verán de 1959 Jerry Wooster estaba cansado de Bay Springs, do seu pai, dunha vida baleira e monótona e decidiu largarse. Ese mesmo verán Sandra O´Connell convertera á estrada no seu fogar, pero decidiu parar o seu Buick Skylark branco nun pequeno e gris pobo do estado de Mississippi. Foi entón cando as vidas de Jerry, Sandra, William, Bobby, o shériff Brando, Larry, Linda, Paul e Freddie cruzáronse e terminaron por caer nunha espiral onde a vinganza e o presente, a desesperación e o pasado... acabará por ensuciar os seus días.
Cuando el destino nos alcance el maíz seguirá creciendo é a segunda novela que a editorial Bandaàparte publica baixo o seu selo Minúsculo Molusco, onde aposta por historias que traspasan as fronteiras da súa liña editorial. J.J.M. Veiga (Pontevedra, 1973), tras a súa incursión no fantástico e na ciencia ficción coas súas dúas novelas anteriores, segue con esta indagando na narrativa de xénero.