Pontevedra acolle dúas proxeccións do documental "Las víctimas sin llanto"
Por Redacción
Novembro, mes da memoria histórica trae a Pontevedra o documental Las víctimas sin llanto no que se dan a coñecer historias de mulleres que sufriron a represión, como as que se están a recoller no programa municipal "A Memoria das Mulleres".
En ambos casos sácase á luz a crúa realidade que tiveron que vivir as nais, as esposas, as fillas... despois dos fusilamentos que se viñeron sucedendo tralo alzamento fascista do 36. Este martes 15 haberá unha doble cita con este filme, que se poderá ver ás 11.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, e ás 20.00 horas na Casa das Campás. En Ciencias da Educación haberá un coloquio no que participará a codirectora Sara Gallardo e a protagonista do documental, Alicia Domínguez.
O documental "Las víctimas sin llanto", codirixido por Sara Gallardo e Vanessa Perondi, é unha cinta na que se lles da voz ás mulleres que foron vítimas dunha represión que as deixou vivas, pero que nin sequera lles permitiu chorar a perda dos seus seres queridos. Foi galardoado na "XII Muestra de Cine Social La Imagen del Sur 2016", seleccionado na sección oficial da oitava edición do Festival Internacional de Cine Invisible "Film Sozialak" 2016 e seleccionado tamén na 13 edición do Festival de Cine y Derechos Humanos de Barcelona .
Dende a súa estrea, en marzo de 2016 e ata o momento, "Las víctimas sin llanto" proxectouse en San Fernando, Cádiz, Terrasa, Sevilla, Córdoba, Chiclana, Barcelona e Jerez.
Relacionadas:
-
As voces de mulleres de familias represaliadas resoaron no CITA
Por Redacción |
-
Candeas e flores en memoria dos dez fusilados o 12 de novembro
Por Diego Torrado |
-
A Deputación pon voz ao silencio no acto de reparación da Memoria Histórica
Por Redacción |
-
RADIO.- Fina Paz, orfa de Ramiro Paz: "Cada 12 de novembro amence o mesmo día gris, de chuvia miúda"
Por Marisa Ciordia |
-
Pontevedra rescata a memoria de Consuelo Acuña e Elvira Lodeiro, fusiladas na Ditadura
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |