Abre as portas o Culturgal, tres días co mellor da cultura galega no Recinto Feiral
O Recinto Feiral do Pazo da Cultura converterase durante tres días no lugar de encontro de todas aquelas actividades e iniciativas empresariais relacionadas coas diversas propostas do mundo cultural en Galicia. Desde este venres e ata as 20.00 horas do domingo, os visitantes poderán gozar de máis de 150 actividades e de produtos relacionados cos libros, a imaxe, a música, as artes escénicas ou a tecnoloxía a través dos máis de 90 casetas que se atopan no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado polo secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, o deputado Xosé Leal e o presidente desta feira, Manuel Bragado, inauguraron esta novena edición destacando a confluencia de ideas, proxectos, produtos e iniciativas promovidas desde Galicia.
Xosé Leal insistiu en que o posto da Deputación Provincial dá cobertura a 35 concellos da provincia e céntrase no patrimonio material e inmaterial, ademais da exposición 'Pegadas na terra', con obras de 18 artistas, entre as que destaca a de Neves Seara con restos do incendio en Catro Baroña.
Anxo Lorenzo destacou o papel central de referencia de Culturgal para mostrar a creatividade galega e Miguel Anxo Fernández Lores fixo un chamamento ao optimismo e á celebración a través desta Feira na que se dan cita algunhas innovacións tecnolóxicas pero na que, alertou, non se pode desprezar o soporte tradicional.
Os escolares foron algúns dos visitantes durante as primeiras horas deste evento que quere alcanzar as 15.000 visitas durante esta fin de semana no que a través de Q-fas iranse difundindo ideas, testemuños e propostas de creación de persoas relacionadas coas diferentes actividades artísticas na cidade de Pontevedra.
Inauguración de Culturgal 2016
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
Flúe a actividade no escaparate da cultura galega, que "cada ano vai mellorando"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
SondeSeu inaugura a banda sonora do Culturgal
Por Mónica Patxot |
-
Xosé Manuel Budiño, prato forte da segunda xornada do Culturgal
Por Mónica Patxot |
-
Máis de 150 actividades para todos os públicos no Culturgal
Por Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Os protagonistas da cultura de Pontevedra, de Culturgal ás redes sociais
Por Redacción |
-
O Culturgal une a concellos de todas as cores políticas nas propostas patrimoniais da Deputación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Budiño celebrará en Pontevedra o vixésimo aniversario do seu primeiro disco
Por Redacción |
-
Chega a novena edición de Culturgal, "manifestación do orgullo galego contemporáneo"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |