'Escaquis e Romeu' preséntanse en sociedade e empezan a escribir a historia do novo Salón do Libro
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
12.45 horas do sábado 3 de decembro de 2016. Para a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, é o momento no que empezou unha nova historia, a do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2017, a XVIII edición do certame, que xirará arredor do tema 'O mundo que queremos' e a partir desta data e esta hora xa conta cun libro propio.
Ás 12.45 horas deste sábado presentouse o traballo, segundo da colección do Salón do Libro e que leva por título Escaquis e Romeu.
Escaquis e Romeu é obra dos escritores Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández Serrano, este último nesta ocasión como ilustrador. Ambos os dous estiveron presentes este sábado na presentación oficial do libro, que coincidiu, como xa é habitual, coa celebración de Culturgal e contou coa presenza da mascota do Salón, Orbil. Era o trámite que faltaba para que empece xa a conta atrás para o Salón, que o vindeiro luns xa empezará a trabajar nos colexios coa repartición de exemplares deste libro para que os escolares pontevedreses empecen a traballar con el. "E gozar con el".
O libro non só será o segundo volume da colección do Salón, senón que tamén servirá de homenaxe ao escritor Agustín Fernández Paz, un dos máis recoñecidos da literatura infantil e xuvenil en galego, falecido o pasado mes de xullo. A propia Anxos Riveiro desvelou emocionada este 'guiño' ao autor, en cuxa figura está inspirado un dos personaxes de Escaquis e Romeu.
Fernández Paz é "unha persoa moi importante no Salón" e, cando este mesmo venres Anxos Riveiro tivo o libro na man por primeira vez e descubriu que a portada incluía un personaxe moi parecido a el, emocionouse e mesmo lle saltaron as bágoas. Un día despois, presentouse no Espazo Libro do Culturgal e, xusto diante, había un cartel coa súa cara, de modo que o escritor de Vilalba non puido estar más presente.
Jacobo Fernández e Antonio Manuel Fraga confirmaron que ese personaxe está inspirado en Fernández Paz e busca renderlle homenaxe, pero dun xeito discreto. Con todo, non foi algo programado, senón que o escritor describiu ao barbeiro que protagoniza o libro e, cando rematou, deuse conta de que o parecido era moi evidente. Non lle dixo nada ao ilustrador e, cando o debuxou, tamén descubriu esa similitude. Os dous se amosan moi satisfeitos de aportar así o seu gran de area para lembralo, pero indican que cando empezaron a escribilo e debuxalo corría o mes de xuño, de modo que aínda non falecera.
Escaquis e Romeu é unha historia fantástica como adoitan ser as de Antonio Manuel Fraga que aborda o tema 'O mundo que queremos' fuxindo do dogmatismo e buscando traballar "a empatía, poñernos no lugar dos demais". Para logralo presenta a Escaquis, unha nena moi rara que unha noite de treboada apareceu na barbería de Romeu e como a partir dese momento puxo o seu mundo patas arriba.
Relacionadas:
-
As librerías pontevedresas terán contacontos á hora da merenda
Por Redacción |
-
Máis de 10.000 escolares xa se apuntaron para participar no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Alba Blanco deseña o cartaz para o Salón do Libro 'O mundo que queremos'
Por Redacción |
-
Culturgal pecha as súas portas consolidando as 15.000 visitas e pensando en 2017
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
A terceira entrega de María Fumaça, gran estrea infantil do Culturgal 2016
Por Cristina Saiz |
-
Un ano enteiro para dar a coñecer o patrimonio de Pontevedra
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Flúe a actividade no escaparate da cultura galega, que "cada ano vai mellorando"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Máis de 150 actividades para todos os públicos no Culturgal
Por Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Antonio Manuel Fraga e Jacobo Fernández Serrano escribirán o paso á maioría de idade do Salón do Libro
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
"O mundo que queremos" será o tema do vindeira edición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra
Por Redacción |