Xoel López regresa a Pontevedra cun acústico na Sala Karma
Por Redacción
Xoel López regresa a Pontevedra. Será este venres día 16 de decembro nun concerto acústico na sala Karma.
É a fin de xira de Paramales (Esmerarte, 2015), o segundo disco de Xoel López en solitario e decimoterceiro traballo da súa carreira, co que obtivo dous galardóns na última edición dos Premios da Música Independente: mellor álbum de pop e mellor produción musical.
Unha obra artesanal, unha aposta firme e rotunda polos novos sons, que conta con 13 cancións deseñadas para distintos estados de ánimo, pero que teñen en común a extraordinaria forma creativa e compositiva do cantautor galego.
Debullando vivencias en clave onírica e impresionista, Paramales é un disco no que non faltan momentos divertidos. Unha paisaxe tan rica en sonoridades que sobrevoa as tendencias para erixirse en dono e señor do seu momento. E somos nós quen vivimos, durante un par de horas de escoita ou de concerto, no seu universo, que poderemos compartir neste concerto.