Máis de 10.000 escolares xa se apuntaron para participar no Salón do Libro
Por Redacción
Este ano o Salón do Libro cumpre o seu 18 aniversario e faino baixo o título 'O mundo que queremos'. Nesta cita cos libros participarán 50 centros de ensino, cinco máis que nas dúas últimas edicións, de zonas como Barro, Vilaboa, Urdilde, Taragoña, Ponte Caldelas ou Cambados.
Máis de 5.000 escolares de educación infantil, primaria e secundaria realizarán traballos para a Sala de Exposicións, de forma gratuíta durante a primeira semana e parte da segunda. Ademais, está previsto que participen en obradoiros, contacontos e talleres adaptados á súa idade. Esta cita coa cultura infantil comeza o 10 de marzo e prolongarase ata o 2 de abril.
Nesta ocasión rexistráronse vinte solicitudes máis que en 2016 de centros que realizarán visitas con máis de 4.000 estudantes procedentes de Padrón, Noalla, Ponteceso, Vigo, Dena, A Estrada, A Coruña, Cangas ou Vilagarcía.
Para esta edición está prevista a posta en escena de sete espectáculos programados en 12 pases. O prezo das funcións será este ano, con motivo do 20 aniversario do Pazo da Cultura, de dous euros por estudante. Os centros interesados poden realizar a solicitude a través da web do Salón do Libro antes do 8 de febreiro, preferiblemente.
A primeira función será o 10 de marzo coa obra 'Xoga' da Compañía Entremans. A esta primeira montaxe seguiranlle 'Rúa Aire', 'Óscar, el niño dormido', 'Invención', a estrea de 'Pum, Pum', de Baobab Teatro e 'Lunaticus circus' de Teatro Paraíso.
Relacionadas:
-
As librerías pontevedresas terán contacontos á hora da merenda
Por Redacción |
-
Tres espectáculos gañadores dos Premios Fetén formarán parte do Salón do Libro
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
O cinema axudará a querer o mundo no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Futuros escritores terán a oportunidade "deconstruirse" no Obradoiro de Creación Literaria
Por Antía Fernández Buján |
-
'Escaquis e Romeu' empezan a escribir a historia do novo Salón do Libro
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
RADIO.- Baobab estreará o espectáculo "Pumpún, unha historia para cambiar o mundo" no Salón do Libro
Por Marisa Ciordia |
-
"O mundo que queremos" será o tema do vindeira edición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra
Por Redacción |