Futuros escritores terán a oportunidade de "deconstruirse" no Obradoiro de Creación Literaria
Aqueles que aspiren a desenvolver a súa faceta máis creativa están de parabéns. O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizará a partir do sábado 11 de febreiro un taller de creación literaria a cargo das escritoras Eli Ríos e María Reimóndez.
As actividades centraranse na literatura infantil e xuvenil, dous campos onde as autoras galegas teñen experiencia e aproveitarán para inculcar a importancia da muller e, en xeral, o feminismo na literatura galega como "elemento transformador do pensamento humano"; segundo as palabras de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.
A muller na literatura é un punto importante no programa do taller xa que un dos obxectivos de Eli Ríos é "aprender a deconstruir as realidades impostas ou tradicionais que nos foron dadas todo este tempo" e as futuras xeracións son clave para esa ruptura.
O taller terá lugar no Pazo da Cultura cada sábado para partir do 11 de febreiro. As prazas serán limitadas e só 25 futuros escritores, maiores de 16 anos, terán a oportunidade de participar nestas clases, ás que poderán inscribirse gratuitamente dende o xoves 2 de febreiro a través do mail inscricions@pontevedra.eu.
Relacionadas:
-
Pontevedra, a musa dun novo obradoiro de creación literaria
Por Antía Fernández Buján & Mónica Patxot |
-
Marlango, The Sadies, Delafé, De Vacas e Orquestra Os Modernos explorarán as mañás musicais
Por Redacción |
-
Máis de 10.000 escolares xa se apuntaron para participar no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Volve o ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra
Por Diego Espiño |