Abre o prazo para que os centros educativos presenten curtas ao FICBUEU
Por Redacción
A asociación FICBUEU lanzou as bases que rexen a convocatoria que realiza o festival para colexios e institutos galegos, por unha banda, e para escolas de formación cinematográfica, por outra.
A décima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu repartira un total de 500 euros en premios, co obxectivo de promover a novos valores do audiovisual galego. Ata o 1 de xuño permanecerá aberto o prazo de recollida de obras, que poden enviarse en formato dixital ao correo comunicacion@ficbueu.com
Os traballos deberán limitarse a 30 minutos de duración e serán de temática libre. Teñen que estar ealizados durante os cursos 2015/16 ou no 2016/17. Poden presentarse en galego ou en castelán, ou con subtítulos nalgún destes idiomas.
Escolleranse cinco traballos entre os presentados polos estudantes de Primaria e Secundaria o domingo 17 de setembro, dentro da xornada FIC Solidario. E entregaranse os galardóns ao Mellor Curto de Colexio, dotado con 100 euros e ao Mellor Curto de Instituto, cun premio de 150 euros. As cinco películas seleccionadas entre escolas de imaxe e facultades universitarias poderanse ver o 15 de setembro, durante o día dedicado ao sector audiovisual galego. O gañador do premio recibirá 250 euros.
Por outra banda, continúa aberto o prazo para presentar obras á sección oficial do FICBUEU, que se desenvolverá entre o 9 e o 17 de setembro. Os traballos pódense presentar ata o 1 de abril a través da plataforma Shortfilmdepot.
Relacionadas:
-
O FICBUEU aposta por promover a difusión do cinema para todos os públicos
Por Redacción |
-
O amor ao cinema, cultivado desde o cole
Por Redacción |
-
"Ponte a Xogar", un divertido método de transmisión do galego entre os máis novos
Por Antía Fernández Buján |
-
O FICBUEU ampliará as seccións paralelas do festival no seu décimo aniversario
Por Redacción |