O cinema axudará a querer o mundo no Salón do Libro
Por Redacción
O Salón do Libro 2017 contará cun ciclo de proxeccións, en colaboración co Cineclube Pontevedra, para ofrecer oito títulos entre os que se atopan estreas recentes de películas de animación nas que estean presentes os valores relacionados con 'O mundo que queremos', tema central desta edición.
O sábado 11 de marzo proxectarase 'Pompoko' ás 12.00 horas, unha historia na que os mapaches de Tokio enfróntanse ao avance da humanidade, que cada vez ocupa máis espazo na natureza.
Ese mesmo sábado ás 18.00 horas emitirase 'O teito do mundo', esta película francesa conta a historia dunha moza aristocrática rusa fascinada pola vida de aventuras do seu avó.
O domingo 12 ao mediodía poderase ver 'Neve e as árbores máxicas', catro contos que viran ao redor das árbores. Ás 18.00 horas ofrécese 'Brave', unha historia sobre a princesa Mérida.
O sábado 18 de marzo será a quenda de 'Wall-E' ás 12.00 horas nas que o característico robot vive unha emocionante aventura pola Galaxia. Durante a tarde proxéctase 'Zootrópolis', que ofrece a vida de Judy Hopps.
O ciclo pecharase o domingo 19 de marzo con 'O principiño', adaptación animada da obra mestra de Saint-Exupéry e pola tarde chegará 'Buscando a Dory', que narra as andanzas deste peixe que sofre perdas de memoria a curto prazo.
Todas as sesións serán no Pazo da Cultura e a entrada é libre.
Relacionadas:
-
Todo preparado para a edición máis comprometida do Salón do Libro
Por Antía Fernández Buján |
-
As librerías pontevedresas terán contacontos á hora da merenda
Por Redacción |
-
Tres espectáculos gañadores dos Premios Fetén formarán parte do Salón do Libro
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
Máis de 10.000 escolares xa se apuntaron para participar no Salón do Libro
Por Redacción |
-
"O mundo que queremos" será o tema do vindeira edición do Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra
Por Redacción |