Alondra Bentley: "Moléstame que nos etiqueten no 'indie femenino' como se fósemos unha moda. Non somos algo pasaxeiro"
Por Alejandro Espiño
"A verdade é que me encanta vir a Galicia. Sempre me trataron moi ben. Síntome como na casa", dinos Alondra Bentley (Lancaster, 1983) apenas un minuto despois de descolgar o teléfono. "Todos os meus recordos son fantásticos", recoñece. E sobre todo o que esta artista de orixe británica garda do festival LolaPop en Ponte Caldelas. "Foi o meu primeiro concerto para nenos. Foi algo moi especial porque estiven moi en contacto co público".
Alondra Bentley chega a Pontevedra despois do indiscutible éxito do seu primeiro álbum, Ashfield Avenue (2009), e da doce sorpresa da edición a cargo de Gran Derby Records este pasado verán do disco infantil Alondra Bentley Sings For Children, It's Holidays!, traballos que a confirmaron como unha das voces máis interesantes do momento. Agora, con novo disco debaixo do brazo, The Garden Room, actuará este venres (22.30 horas) na Sala Karma.
Este concerto será diferente aos outros que deches en Pontevedra?
Pois en certo xeito, si. Será un concerto acústico. Tocaremos cancións dos dous discos, aínda que a maior parte será do segundo, que é o que estamos presentando agora. Ademais, haberá algunha canción do disco de nenos e tamén da banda sonora da película Buscando a Eimish, para a que acabo de gravar catro cancións.
Chegas a Pontevedra uns meses despois de editar The Garden Room. Dada a expectación creada co primeiro disco, por que tardaches case tres anos en publicar o seguinte?
Creo que as cousas teñen o seu propio ritmo. Non estiven parada, só tomeime o tempo necesario. Para min era importante esperar ata telo todo listo. Aínda que en realidade os motivos de tardar tres anos en gravar un disco novo foron externos. Estiven traballando en moito material e cando o completei e vin que era o que quería transmitir, foi cando o sacamos á luz.
"Este disco ten un son máis americano. Ten un estilo que me gusta moito e que non experimentara no primeiro disco, aínda que si nos directos"
Como describirías este disco?
ÿ un traballo que ten un son máis americano que o primeiro. ÿ un estilo diferente. Fago un folk moito máis purista e cunha influencia moi importante do country & western. Introducimos ademais un instrumento chamado pedal steel, que directamente teletranspórtate a Nashville. ÿ un son súper americano e moi característico. O resultado foi un disco máis variado, cun estilo que me gusta moito e que non experimentara no primeiro disco, aínda que si nos directos.
Este aire americano débese fundamentalmente a Josh Rose?
En parte si, porque Josh é o productor do disco e el está moi en contacto con músicos e sons de Nashville. Pero ese toque americano era algo que estaba aí desde que compuxen as cancións. En todo caso, Josh foi unha influencia moi importante para min. Sabe moi ben como producir un disco, ten un gusto moi peculiar, sabe darlle calidez ao disco e sabe ben o que debemos ter. E sobre todo transmitiume moita relaxación e tranquilidade para interpretar as cancións, para poder transmitir o que queriamos.
En todo o disco hai un tema recurrente: a familia. Este disco axudouche a transmitir os teus sentimentos logo do que pasou (falecemento da súa nai, varios cambios de domicilio...)?
O de falar da familia supoño que está directamente relacionado co feito de intentar recoñecer que pasou ao teu ao redor. Pero foi algo natural. Saíu inevitablemente porque ao terminar de compoñer deime conta que case todas as cancións falaban da familia. Nese sentido, este disco é case conceptual. Falo da familia ou das relacións en familia, a infancia... Nun principio, non planeei o disco así, pero ao ver o resultado está claro que impregna todo o disco. De feito para a arte do CD recuperei fotos do arquivo familiar.
Entre ambos discos decidiches editar un álbum de cancións para nenos, Alondra Bentley Sings For Children, It's Holidays! Que foi o que che animou a gravalo?
Sempre quixera facer un disco para nenos. Levaba moito tempo facendo concertos para eles, de feito o primeiro foi en Ponte Caldelas, no Lolapop. Todo a raíz de empezar como contacontos. E pensei en por que, en lugar de facer versións, non sacar un repertorio de cancións propias para nenos, con letras que entendesen, escritas para eles e que lles resultasen interesantes. ÿ un disco similar aos demais, só que a diferenza está nas letras. Falamos de calquera tema. ÿ fascinante ver como descobren as cousas por primeira vez. Cousas que os demais damos por sentado e para eles son moi importantes na súa vida.
Desde hai uns anos, parece haber un 'boom' do folk-pop feminino (Russian Red, Anni B. Sweet, La Bien Querida...), sénteste identificada con elas?
"O mundo da música sempre foi moito máis masculino e as solistas aínda somos vistas como unha novidade"
Non me identifico con todos eses proxectos só polo feito de que sexan mulleres. Creo que entre nós hai moita diferenza de estilos. Musicalmente non temos moito que ver, aínda que entendo que o público e os medios poidan facer esa correlación. O que sucede é que o mundo da música sempre foi moito máis masculino e as solistas aínda somos vistas como unha novidade. Estou convencida de que é cuestión de que a xente o asimíle.
Falas de que o mundo da música foi tradicionalmente máis masculino, cres que o tiveches máis difícil polo feito de ser muller?
Non, non tiven esa sensación. Recibín moita atención, supoño que polo que che dicía da novidade. ÿ máis, ser unha moza abriume moitas portas, sinceramente. Pero xa está. A miña primeira sensación é a de non sentirme cómoda. Non me gusta que se me vexa diferente polo feito de ser muller e solista. Que nos vinculen a todas cunha moda. Ás veces deume esa sensación. Espero que sexa algo pasaxeiro.
Ademais da xira actual, cales son os teus plans de futuro?
Pois a verdade é que por agora voume a centrar na xira. Afortunadamente teño o calendario repleto por toda España. Teño multitude de concertos entre nenos e adultos. Cando se relaxe todo un pouco, empezarei a planear e traballar intensamente no seguinte disco. Pero igual que pasou con este, sen présa.
Dis que tes o calendario cheo de concertos. Toda unha sorte tendo en conta o panorama actual da música. Como ves a situación?
Véxoo moi difícil. Eu, insisto, son moi afortunada porque os meus concertos funcionan moi ben. Pero en xeral, a cousa está moi mal, extremadamente mal. ÿ moi difícil poder dedicarte xa só a isto, é un esforzo terrible. O que é xirar e cubrir gastos ás veces é moi complicado, salvo para uns poucos privilexiados. Tes que pensar que nós vivimos dúas crises, a da música en particular e a que atravesa todo o país. Deixaron ao sector nun momento moi complicado. E a iso hai que sumar o aumento do IVE a máis do dobre. ÿ un desastre.
"Son moi afortunada porque os meus concertos funcionan moi ben. Pero en xeral, a cousa está moi mal, extremadamente mal"
Cres que mellorará?
Quero pensar que si, que todo irá a mellor. Aínda que si é certo que uns o levamos mellor que outros. ÿ máis fácil ter subido aos poucos, que empezar por ter moita sorte e que agora te teñas que adaptar á situación. Esa xente non está afeita a que lles digan que non poden xirar cunha banda completa. Nós ao estar nunha escena máis independente vimos de todo. Estamos máis preto da realidade.
De feito, nesta escena independente séguense vendo propostas moi interesantes. Hai algunha que te atrapou?
Hai unha chea de xente que vén pisando moi forte e fai unha música extraordinaria. Aínda que non son uns novatos nisto da música, estou convencida de que iralle moi ben a Jane Joyd. Encántame o que fan. Creo que teñen moito percorrido por diante.
E que consellos lle darías, xa como artista consagrada, a eses músicos que empezan?
Diríalles tantas cousas... (rise). Van ter momentos que pensen que o seu esforzo non merece a pena, que pelexan demasiado e que non logran recompensa. ÿ algo que, como músicos, todos pasamos. Empezaría dicíndolles que é pasaxeiro e que o importante é que queiran facer música. E o mellor é que pase o que pase van a seguir facéndoa porque os músicos somos moi cabezóns. Non facemos moito caso ao que nos din.