Cámaras, luces... acción! Ródase en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Promocionar a rodaxe de todo tipo de producións audiovisuais na cidade. ÿ o obxectivo co que nace Pontevedra Film Commission, un servizo dependente da Oficina de Congresos que busca atraer cara á capital das Rías Baixas a rodaxe de películas, series de televisión, anuncios publicitarios ou audiovisuais para a Internet.
"Estamos hablando de una nueva forma de hacer promoción turística, de crear nuevos productos que generen ingresos y negocio para el sector servicios pontevedrés", explicou a concellaría de Promoción Económica, Carlota Román, quen destacou que o funcionamento desta oficina no terá custo ningún para o Concello, porque a tramitación, axuda e colaboración coas produtoras será asumida polo persoal da Oficina de Congresos.
Esto é así, di Carlota Román, porque, de feito, cando se busca un lugar para facer unha rodaxe, solicítanse servizos moi parecidos aos que require un congreso: aloxamento, catering, apoio audiovisual ou transporte. A maiores, anunciou, incorporarase axuda para facer localizacións en contornas urbanas, históricas, naturais e mesmo deportivas, segundo as necesidades concretas, "de tal forma que esa promoción llegue posteriormente a los espectadores".
A "Film Commissión", que funciona xa noutras cidades españolas como Barcelona, Lloret de Mar ou Santiago de Compostela, con resultados "muy apreciables", nace co apoio dun sitio web propio www.pontevedrafilmcommission.com, que xa está operativo e ofrece unha primeira información básica, ademais da posibilidade de establecer contacto directo..
Pontevedra, recordou a concelleira socialista, xa ten acollido durante os últimos anos a rodaxe total ou parcial de varias producións tan coñecidas como Botón de Ancla, Los Pazos de Ulloa e Los Gozos y las Sombras (series de TVE), Dagon, El lapiz del carpintero, Los lunes al sol, La lengua de las mariposas, El viaje de Carol e finalmente a serie de Telecinco, Piratas.
Como exemplo do impacto que pode xerar unha rodaxe, Carlota Román puxo o exemplo da serie Doctor Mateo, que supuxo unha auténtica campaña turística para os municipios asturianos de Lastres e Colunga.
Relacionadas:
-
Anabel Gulías comprométese a manter a Film Commission na presentación de 'Wendylad is dead'
Por Anxo Lourido |
-
Os gañadores do concurso do congreso audiovisual "Pontevedra e...acción!" recollen o seu premio
Por Cristina Saiz & Elsa Juliá Sánchez |
-
Alfonso Zarauza, Carlos Iglesias e Uxía Blanco, principais atractivos do congreso 'Pontevedra... e acción!'
Por Redacción |
-
O pontevedrés Samuel Lema rodará a curtametraxe 'Desde dentro', un thriller ambientado na cidade
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A actriz María Mera, estrela dunha nova curtametraxe que se rodará en Pontevedra
Por Redacción |