O amor ao cinema, cultivado desde o cole
Por Redacción
Uns 130 nenos de Educación Infantil do CEIP A Pedra de Bueu asistiron á proxección de 101 Dálmatas no Centro Social do Mar. A actividad forma parte da colaboración establecida polo Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu FICBUEU con diversos centros educativos do municipio para a promoción do cinema entre os escolares.
Dentro dese proxecto, o FIC tamén colaborará coa Semana Cultural que cada ano organiza o CEIP Montemogos de Beluso e estase estudando a posibilidade de preparar algunha actividade para o alumnado de Primaria do CEIP A Pedra, xa que en ambos os dous colexios están a traballar o cinema como proxecto para este curso.
Os escolares de catro anos do CEIP A Pedra están a preparar os diálogos para dobrar a curtametraxe La canción de Fémerlin, filme mudo realizado polo director do FICBUEU, Manuel Pena, que os rapaces se encargarán de converter en cine sonoro.
Relacionadas:
-
O FICBUEU proxectará un cento de curtas no seu décimo aniversario
Por Redacción |
-
Abre o prazo para que os centros educativos presenten curtas ao FICBUEU
Por Redacción |
-
O FICBUEU ampliará as seccións paralelas do festival no seu décimo aniversario
Por Redacción |
-
Usuarios de Juan XXIII e actores profesionais rodan unha curta para o FIC Bueu
Por Redacción |