O premio de xornalismo dixital José Manuel Porquet é para Manuel Jabois
Por Alejandro Espiño
O xornalista pontevedrés Manuel Jabois non para de recibir premios. Hai apenas un mes era galardonado co XIX Premio Literario Bodegas & Olarra Café Bretón por un dos seus relatos. E agora éo polo seu labor como columnista. ÿ o gañador este ano do premio de xornalismo dixital José Manuel Porquet, que se entregará durante o XIV Congreso de Periodismi Digital que se celebrará en Huesca os días 14 e 15 de marzo.
O xurado decidiu entregar a Manuel Jabois este premio polo "estilo tan persoal e recoñecible" que mostra no seu traballo para Diario de Pontevedra, El Mundo ou a revista Jot Down. Destaca do mesmo xeito "a súa capacidade para facer crítica sen caer na demagoxia e a súa facilidade para relacionar temas aparentemente afastados" e acentúanlle como "un dos columnistas máis interesantes do momento".
O xurado desta edición estivo composto, entre outros, polo presidente da Asociación de Xornalistas de Aragón, José Luís Trasobares; o director do Congreso de Periodismo Digital, Fernando García Mongay; por Jaime Armengol, director de El Periódico de Aragón; Pilar Domínguez, xefa de prensa do Goberno de Aragón; Carmen Ruíz, xefa de informativos de AragónTV; ou por Jordi Pérez Colomé, gañador da edición anterior.
Os galardonados nas edicións anteriores do premio foron: Ignacio Escolar, Ramón J. Campo, Gustavo Sierra, Arsenio Escolar, Eduardo Punset, Gumersindo Lafuente, David Beriain, Ramón Lobo, Mónica G. Prieto e Jordi Pérez Colomé.
Manuel Jabois (Sanxenxo, 1978) é xornalista e escritor. Traballou en medios de comunicación desde a súa mocidade. ÿ autor tamén de varios libros, entre eles as súas primeira novela A estación violenta, escrita en galego, e Irse a Madrid y otras columnas, recopilación dos seus mellores artigos. En abril de 2012 publicou un breve ensaio de carácter autobiográfico sobre fútbol, Grupo Salvaje. ÿ tamén gañador do XXIV Premio Nacional de Xornalismo Xullo Camba, que recibiu en 2003.