O 11 de marzo, a sexta final do Fest no Teatro Principal de Pontevedra
Oito grupos de música terán a oportunidade de demostrar o seu talento no escenario do Teatro Principal de Pontevedra a partir das 17:00 horas. A entrada é gratuíta e entregarase na porta do teatro ata completar o aforo máximo. O sábado pasado un xurado composto por músicos e profesionais seleccionou os xóvenes músicos que participarán na sexta final do Fest do Local de Música de Pontevedra.
As formacións musicais escollidas foron Frank?, BOHR, Miguel Alberte, Onion Smile, AnodhoR, Los Puta Mierda, STOCK y Particle.
Cada banda dispoñerá de quince minutos para actuar e ser valorados por un xurado composto de profesionais e músicos pontevedreses. Do mesmo xeito que na edicións anteriores, o Fest outorga dous premios, o primeiro premio a gravación dun videoclip orzado en 1.000 euros. O segundo premio é elixido polo público, deste xeito selecciónase a banda que actuará de maneira remunerada na festa de Noites Abertas.
O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, agradeceu persoalmente o apoio da entidade Xuntos, unha asociación que traballa para inclusión na sociedade de persoas con síndrome de Down. Esta institución será a encargada da intendencia, parte do control de acceso ao Teatro Principal e o reconto de votos.
Segundo o director do Local de Música de Pontevedra, Diego Parajó, nesta sexta edición prodúcese "un cambio xeracional", con novos artistas entre 16 e 20 anos, coa diferenza de que cada vez participan máis mulleres no Fest.
Durante o reconto de votos, para deleitar ao público, visualizarase o videoclip gañador do ano pasado de Alex Marban e o seu grupo VanMarban. Romina Doce, directora de Producións Mutantes, explicaba que o videoclip produciuse entre Galicia e Holanda a través de chroma pola imposibilidade de reunir a todos os compoñentes da banda. Tamén actuará durante o escrutinio o coro do Local de Música de Pontevedra, Vía Sete.