Girando por Salas trae a Pontevedra a Neuman, un dos grupos revelación do 'indie' español
Por Alejandro Espiño
O ciclo Girando por Salas volve deterse en Pontevedra. E farao cun concerto de Neuman, unha banda murciana que, aos poucos, estase facendo un oco na escena 'indie' española. Será este xoves 14 de marzo ás 22:30 horas na Sala Karma. Alí presentarán o seu novo traballo, un EP edición limitada que saíu ao mercado en formato vinilo e que serve de adianto do seu terceiro disco
Sen apenas descansar logo de facer máis de 120 concertos cos seus dous primeiros discos, Plastic Heaven (2010) ou o encomiado The Family Plot (2011), embárcanse nunha nova xira para presentar en directo este EP, un traballo que se gravou durante o Nadal de 2012 no Auditorio de Cox (Alacante), onde montaron un auténtico campamento sonoro.
A orixe de Neuman remóntase a finais da década dos 90, cando Paco Román (voz e guitarra) lideraba unha nova banda murciana, La fábrica de la luz, coa que publicou dous discos. Trala disolución desta, decide levar a cabo o seu propio proxecto e logo de compoñer e gravar en solitario máis de 150 temas, coñece en 2009 a Fernando Lillo, un mozo pianista cuxas inquietudes e aptitudes musicais cautívanlle desde un primeiro momento.
Con el, e por primeira vez na súa traxectoria, Neuman atopa o aliciente e instrumento definitivo nas súas composicións. En mayo de 2010, inician unha xira por Suiza, Austria e Italia xunto aos neoiorquinos Aluminum Babe, e que finalizan con algúns concertos polo territorio nacional. Grazas á excepcional sintonía e simbiosis musical destes dous mozos murcianos, en 2010, lanzan o seu primeiro traballo, Plastic Heaven.
Pero non sería ata 2011 cando Neuman comeza a gravar o seu segundo álbum, The Family Plot, que atraen cara eles todas as miradas. Este novo traballo descríbeno eles como "sencillamente emocionante". Emocionante porque así foi a súa gravación, din, na que fuxiron de calquera avance tecnolóxico, gravando prácticamente en directo, "porque así é como se transmite mellor os sentimentos e plásmanse dese xeito tan incrible nas cancións".
As entradas para este concerto, que teñen un prezo de oito euros, pódense adquirir en Rei Zentolo Pontevedra, Pequeno Karma e as billeteiras electrónicas www.ticketea.com e www.entradasgo.com.