Quodlibet, fusión de gaita e piano para "dignificar" a cultura musical tradicional
Por Alejandro Espiño
O folclore dunha gaita fusionado coa música clásica dun piano, todo iso para dignificar a cultura tradicional galega. ÿ a proposta de Quodlibet, un dúo formado polo pontevedrés Felipe Rea e a ferrolana Andrea García. Presentarán A cor don son, o seu segundo disco recentemente saído do horno, nun concerto que se celebrará este venres 15 de marzo ás 21.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.
Trátase dun traballo, gravado en sesión continua dun día no Pazo da Cultura, que segue a liña que ambos iniciaron en 2011, xurdida da idea de dignificar a gaita como instrumento e abandonar a crenza de que os gaiteiros son simples animadores de festa. Entre o seu repertorio destacan temas tradicionais rescatados de arquivo, que adaptaron para tocalos con gaita e piano.
Este concerto, recoñece Felipe Rea, "será moi especial", xa que contarán coa participación de todas as persoas que colaboraron "directa ou indirectamente" na grabación do disco como o cuarteto Picuíña; Eva Campos, unha clarinetista de Campo Lameiro; a vocalista María Xosé Rodríguez, do grupo Avelaíña ou un grupo de pandereitas de Ames, coas que fusionan a música tradicional de panderetas coa gaita e o piano.
O disco, titulado A cor do son porque "o que queremos dar a entender é que a música non ten un cor determinado, dependendo do instrumento ou da persoa que escoita, vese dun ou doutro cor", poderase adquirir no Teatro Principal o día do concerto. Ademais, próximamente distribuirase entre o comercio local para "apoiar ao comercio e se van a comprar o disco leven tamén unhas mazás ou viceversa".