"O pior de Mofa e Befa" chega a Pontevedra
Por Anxo Lourido
Quen teña necesidade de rir, o auditorio do Centro Social Novacaixagalicia ofrécelle este serán unha boa oportunidade. O dúo formado por Evaristo Calvo e Victor Mosqueira ofrecen unha escolma do mellor das súas producións teatrais baixo o título de O pior de Mofa e Befa.
A compañía que xa leva dezaoito anos traballando nos escenarios galegos obtivo un enorme éxito con Para ser exactos, unha obra coa que suman xa máis de trescentas representacións. Despois chegaron Manifesto para un teatro perralleiro, FinisMundi Circus, Cultura para dar e tomar, Sempre ao lonxe e Shakespeare para Ignorantes. Dirixidos por Quico Cadaval e coa colaboración do músico Piti Sanz, Mofa e Befa ofrecen humor e moita retranca.
O espectáculo comeza a partir das 20:30 horas no Centro Social de Novacaixagalicia.