A Banda Migallas presenta 'Zaragallada' no Festival da Lingua da Escola Oficial de Idiomas
Por Redacción
Carlos Yus e Davide González Lorenzo, membros de Banda Migallas, interpretarán algúns temas do álbum 'Zaragallada' este mércores 10 de maio ás 19.30 horas no Festival da Lingua da Escola Oficial de Idiomas.
'Zaragallada', denominación dun recheo da empanada, é o último traballo da Banda Migallas e consta de 13 temas con ritmos e contidos moi variados. Mestúranse cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana ou unha pandeirada.
Parte das cancións naceron no espectáculo de humor 'O cantante e as mulleres', de Migallas Teatro. Moitas das letras tratan cuestións de tipo social aderezadas con retranca e outras son de carácter lírico. A produción artística corre a cargo de Segundo Grandío, do estudio Casa de tolos.
A banda ofrece temas como 'O que hai que facer' cun divertido videoclip:
Relacionadas:
-
Sabías que os certificados da Escola Oficial de Idiomas contan nas oposicións?
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
Os nenos do Froebel estrean o primeiro roteiro Tonucci
Por Redacción |
-
Apareceu o tesouro de Escarapote na praza da Pedreira?
Por Mónica Patxot |
-
Migallas celebra os 20 anos da gravación de 'Canta connosco!'
Por Redacción |