Manuel Pérez Lourido presenta 'Después daré un grito' este luns 15 na Casa das Campás
Por Redacción
'Después daré un grito' é o título do novo libro de Manuel Pérez Lourido, que será presentado este luns 15 de maio a partir das 20.00 horas no Salón de Actos da Casa das Campás.
O escritor e profesor pontevedrés estará acompañado durante esta presentación polo director de cine, guionista, pintor e escultor Mario Iglesias, que foi o encargado de crear a portada e as ilustracións da publicación. Ademais, o cineasta tamén elaborou un teaser para a presentación deste poemario.
O periodista especializado en Cultura do Diario de Pontevedra, Ramón Rozas, é o autor do prólogo deste traballo e participará no acto da presentación ao igual que Enrique Sánchez Sotelo, director da editorial Discursiva, que publica esta obra.
O poemario, segundo explica o autor, ofrece aventuras íntimas pero universais que se centran na existencia. Trátase dunha travesía de decisións e de metáforas sobre a vida e a literatura, que conflúen na procura da luz. Pódese adquirir ao prezo de dez euros.
Manuel Pérez Lourido, colaborador habitual de PontevedraViva, publicou anteriormente 'Quedarse en Pontevedra', una escolma de escritas do seu blog Galpón das choivas. Tamén é autor de 'Vértebras e lóstregos', unha selección de poemas en lingua galega.
Relacionadas:
-
Manuel Pérez Lourido presentará este venres o poemario 'Cántico Terrestre'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O escritor Manuel Pérez Lourido presenta o poemario 'Pásame un cabalo polo peito'
Por Redacción |
-
O escritor Manuel Pérez Lourido explica na Librería Paz o seu proceso creativo
Por Redacción |
-
Éxito da presentación do novo poemario de Manuel Pérez Lourido
Por Mónica Patxot |
-
RADIO.- "Manuel, parabéns polo Nobel... a Bob Dylan"
Por Marisa Ciordia |
-
Manuel Pérez Lourido presenta en papel as súas historias cibernéticas
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Manuel Pérez Lourido presenta este venres o seu libro 'Quedarse en Pontevedra'
Por Anxo Lourido |
-
Bos tempos para a lírica de Manuel Pérez Lourido
Por Anxo Lourido |