Éxito da presentación do novo poemario de Manuel Pérez Lourido
Por Mónica Patxot
A presentación de Después daré un grito, o novo poemario do escritor e profesor pontevedrés Manuel Pérez Lourido, converteuse este luns en todo un acontecemento da vida cultural de Pontevedra.
O evento, celebrado a partir das 20.00 horas, reuniu no salón de actos da Casa das Campás a coñecidos escritores e xornalistas pontevedreses como Alexander Vórtice, Bernardo Sartier, Adrián Estévez Iglesias ou Ramón Rozas, especialista en cultura de Diario de Pontevedra que, como autor do prólogo do poemario tivo unha participación activa na presentación.
O director de cine, guionista, pintor e escultor Mario Iglesias, responsable da portada e as ilustracións de Después daré un grito e Enrique Sánchez Sotelo, director da editorial Discursiva na que se publica esta obra, tamén acompañaron ao autor, colaborador habitual de PontevedraViva.
O poemario, segundo o autor, ofrece aventuras íntimas pero universais que se centran na existencia. Trátase dunha travesía de decisións e de metáforas sobre a vida e a literatura, que conflúen en busca da luz. Pódese adquirir ao prezo de dez euros.
Manuel Pérez Lourido tamén é autor de Quedarse en Pontevedra, unha recompilación de escritos do seu blogue Galpón das choiva e Vértebras e lóstregos, unha selección de poemas en lingua galega.
Relacionadas:
-
O escritor Manuel Pérez Lourido presenta o poemario 'Pásame un cabalo polo peito'
Por Redacción |
-
O escritor Manuel Pérez Lourido explica na Librería Paz o seu proceso creativo
Por Redacción |
-
Manuel Pérez Lourido presenta 'Después daré un grito' este luns 15 na Casa das Campás
Por Redacción |
-
RADIO.- "Manuel, parabéns polo Nobel... a Bob Dylan"
Por Marisa Ciordia |
-
Manuel Pérez Lourido presenta este venres o seu libro 'Quedarse en Pontevedra'
Por Anxo Lourido |
-
Bos tempos para a lírica de Manuel Pérez Lourido
Por Anxo Lourido |