Yolanda Ríos, Mariluz Feijóo, Aitor Víctor Fernández e Borja Guerrero gañan os Novos Valores 2017
Por Redacción
O xurado do certame Novos Valores 2017 seleccionou 37 obras que participarán na edición deste ano e, entre elas, elixiu catro traballos gañadores das bolsas que concede a Deputación Provincial.
Yolanda Ríos, de Bueu, obtivo a correspondente ao apartado de escultura por 'Balcóns (serie)', mentres que na categoría de 'Varios' seleccionouse Espazos definidos', unha obra de María da Luz Feijóo Cid na que se combina a fotografía e o debuxo. En fotografía, a bolsa obtívoa Aitor Víctor Fernández Marcos por 'Crebas de ti, eu' e, por último, no apartado de debuxo, o premio lográbao 'A Viaxe', de Borja Guerreiro Parapar, de Pontevedra.
Para a edición deste ano recibíronse 101 obras. Os 37 traballos seleccionados expoñeranse ao público nunha das salas de exposicións temporais do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra entre o 3 de agosto e o 17 de setembro.
Os artistas bolseiros asinarán un convenio coa Deputación cunha vixencia non superior a un ano. Durante ese tempo deberán entregar unha memoria xustificativa do traballo e do investimento realizado, ademais dunha obra orixinal e asinada.
Entre o 10 de outubro e o 12 de novembro levará a cabo a mostra conformada polas obras achegadas polos artistas premiados coas bolsas do certame Novos Valores 2016: Diego Vites, María Mauieira, Basilisa Fiestras e Olmo Cuñas.