A Alameda de Marín acolle ao Ballet de Galicia, Diego Landín
Por Redacción
O Ballet de Galicia, Diego Landín estréase o día 7 de Xullo ás 22:00 horas na Alameda de Marín, cunha gala de Danza Clásica e Contemporánea para así achegar esta arte á vila mariñeira.
In Mare, Noite da Danza será unha gala na que se fará un percorrido desde a técnica mais clásica ata a contemporánea pasando por un estilo neoclásico. No programa contémplanse pasos a dous clásicos como Coppelia ou Don Quixote e numerosas pezas novas creadas por Diego Landín que se estrean mundialmente ese día.
Toda o evento será presentado polo actor cubano Rey Montesinos.
Esta Noite da Danza está creada para o goce de todos os públicos sen importar a idade, ademais a entrada é totalmente gratuíta.
Este proxecto é apoiado polo Concello de Marín e pola Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.