Black Stones, o rock pontevedrés con sabor a clásico
Por Anxo Lourido
En 1968 non había Facebook pero si afeccionados á boa música. Naquel ano, un grupo de amigos decidiu formar unha banda de rock. Miguel Guerra, Pachi Pazos, Toño Carbajo, Tino Domínguez e Santi López decidiron adoptar o nome artístico de Black Stones. Formaron parte da "movida" musical pontevedresa dos 60 ata que a vida obrigounos a aparcar os instrumentos. Foi un paro temporal, no ano 2005 volveron a subirse aos escenarios e a interpretar a música que lles gusta. Agora ata contan cun club de fans en Facebook e a banda variou a súa formación pola marcha de Miguel e Pachi e a chegada de Armando Guerra, Jaime Carbajo e Fredy Nistal.
A súa música recolle influencias do beat e do pop dos sesenta e setenta e os referentes son moitos dende os Beatles ata a Creedence Clearwater Revival pasando por grupos españois como Los Brincos ou Los Bravos.
Na actualidade, o repertorio de Black Stones recolle versións de clásicos daqueles tempos pero tamén conta con novos temas aparecidos nos doús albumes que teñen gravados: Medio siglo e Forever.
A música elegante desta banda veterana de Pontevedra será a protagonista indiscutible a partir das dez desta noite na Sala Karma. O prezo das entradas é de cinco euros.