Noites de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos

Por Redacción
O venres 14 de xullo concluíu coa actuación do grupo A Xácara a IX edición do ciclo de concertos de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos.
A Xácara é unha agrupación galega de recente formación dedicada á interpretación de música antiga en instrumentos orixinais.
Os seus membros teñen unha gran experiencia no campo da interpretación da música da Idade Media, Renacemento e Barroco formando parte doutras agrupacións especializadas neste tipo de música.
Eles son: Julia Cea, canto e percusión; Tin Noivo, tiorba e guitarra barroca; Víctor Illán, guitarra barroca e vihuela; e Pablo Ruibal, viola de gamba.
Noites de Música Antiga nas Ruínas de Santo Domingo
© PontevedraViva