Lola Herrera, Luís Merlo, Carlos Blanco e Yllana serán protagonistas do outono teatral
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
O outono será unha estación chea de espectáculos de teatro e danza que se poderán ver no Teatro Principal e no Pazo da Cultura a través de tres ciclos de artes escénicas: Summum Teatro, Ponteatro e Monólogos e Maxia. Este xoves, a concelleira de Cultura Carmen Fouces presentaba a programación que se desenvolverá entre setembro e decembro en Pontevedar.
SUMMUM TEATRO no Pazo da Cultura:
- 29 de setembro. 21.00 horas: La velocidad del otoño, con Lola Herrera e Juanjo Artero. Obra sobre a desubicación dunha persoa de avanzada idade.
- 7 de outubro. 21.00 horas: Lo mejor de Yllana. Repaso aos mellores gags da compañía.
- 22 de outubro. 19.00 horas. Menú da noite, con Carlos Blanco e Luís Davila. O humorista e o debuxante viaxan a Broadway con sachos.
- 28 de outubro. 21.00 horas. Nagare, do Circle of Trust-Logela Multimedia. Espectáculo que combina danza e tecnoloxía.
- 3 de novembro. 21.00 horas. El Test. Unha montaxe con Luís Merlo, Maru Valdivieso, Antonio Molero e Itziar Atienza. Unha comedia que expón a pregunta: Que prefires? Cen mil euros agora ou un millón dentro de 10 anos?
As entradas xa poden adquirirse a través de Ataquilla.com
PONTEATRO no Teatro Principal
- 5 outubro. 21.00 horas. Voaxa e Carmín, de Butaca Zero. Conta a vida dás Marías de Compostela, interpretada por Mabel Rivera e Belén Constenla.
- 26 outubro. 21.00 horas. A cabeza do dragón, de Excéntricas. Produción teatral sobre a versión en galego da obra de Val-Inclán, dirixida por Quico Cadaval.
- 27 outubro. 23.59 horas. Venres Golfo. Desconexión, de Xurxo Cortázar. Espectáculo do actor pontevedrés, dirixido por Santi Cortegoso, un texto cómico e ácido.
- 9 novembro. 21.00 horas. Elisa e Marcela, da Panadería. Conta a historia destas dúas mulleres que en 1901 casaron na igrexa de San Xurxo na Coruña.
- 16 novembro. 21.00 horas. A nova de Don Quixote, de EME2. Esta montaxe ofrece as andanzas do personaxe da universal obra de Cervantes en galego.
- 24 novembro. 23.59 horas. Venres Golfo: Calypso, de Voadora
- 7 decembro. 21.00 horas. Resaca, de Ilmaquinario Teatro. Ofrece unha dramaturxia de creación colectiva próxima ás premisas do teatro documental.
- 14 decembro. 21.00 horas. A canción do elefante, de Redrum, con Ernesto Chao. Esta obra conta a historia dun paciente psiquiátrico obsesionado cos elefantes.
Para estes espectáculos haberá un bono conxunto, que aínda non está á venda.
MONÓLOGOS E MAXIA
- 30 de setembro. Pazo da Cultura. Noites de retranca, con Luís Zahera e Manuel Manquiña
- 8 de outubro. Teatro Principal. Espectáculo de maxia de Toni Bright.
- 10 de novembro. Teatro Principal. Contos na Lareira, con Celso Sanmartín, Quico Cadaval e Paula Carballeira.
- 25 de novembro. Pazo da Cultura. Espectáculo do humorista Moncho Borrajo.
Relacionadas:
-
As 'Cosas mías 2' de Moncho Borrajo enchen de gargalladas o Pazo da Cultura
Por Diego Torrado |
-
Fusión entre hip hop e break dance para o sábado de Summum Teatro
Por Diego Torrado |
-
Carlos Blanco e Luís Davila repiten con éxito o seu 'Menú da noite' no Pazo da Cultura
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Yllana celebra en Pontevedra os seus 25 anos sobre o escenario
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Yllana lembra o mellor da súa traxectoria no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
As Marías, as veciñas máis famosas de Compostela, volverán á vida en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Oito obras compoñen unha nova edición de Ponteatro
Por Diego Espiño |