O Premio Cinema Galego en el FICBUEU deste ano será para Morris
Por Redacción
O actor galego Antonio Durán 'Morris' recibirá o Premio Cinema Galego na décima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU). Este galardón recoñece anualmente a traxectoria profesional de persoas relevantes na industria audiovisual galega. A entrega será o sábado 9 de setembro ás 19.45 horas na sala multiusos do Museo Massó, na xornada inaugural do festival.
Durante esa xornada, o actor vigués manterá un encontro co público para falar da súa traxectoria tanto en cinema, teatro como en televisión.
Morris sempre será lembrado polo gran público polo seu papel en 'Pratos Combinados', así como o seu protagonismo noutras series da TVG, como 'Padre Casares' ou 'O final do camiño'.
En cinema, os seus papeis máis coñecidos interpretounos en películas como 'Los lunes al sol', de Fernando León; 'Mataharis' de Icíar Bollaín; 'A Esmorga' de Ignacio Vilar ou 'Pieles', de Eduardo Casanova.
Este veterano actor suma catro premios Mestre Mateo e recentemente participou en 'A estación violenta', ópera prima de Anxos Fazáns e na serie de Atresmedia, 'Fariña', na que se relata a historia do narcotráfico en Galicia.
Relacionadas:
-
Bueu recibiu a 6.500 espectadores no Festival Internacional de Curtametraxes, que gañou a cinta grega 'Fox'
Por Redacción |
-
Nieve de Medina recibirá un premio de honra no FICBueu
Por Redacción |
-
RADIO.- As Conversas na Ferrería cóanse no "backstage" do FICBueu
Por Marisa Ciordia |
-
O FICBUEU celebra o seu décimo aniversario cun cento de curtas e a maior oferta de actividades
Por Redacción |
-
O programa radiofónico Carne Cruda, en directo na xornada de clausura do FICBUEU
Por Redacción |
-
Chega a hora de Alfred Hitchcock aos relatorios do FICBUEU
Por Redacción |
-
O FICBUEU proxectará un cento de curtas no seu décimo aniversario
Por Redacción |