O programa radiofónico Carne Cruda, en directo na xornada de clausura do FICBUEU
Por Redacción
Os exteriores do Centro Social do Mar de Bueu acollerán o próximo 16 de setembro a emisión do recoñecido programa radiofónico Carne Cruda, que forma parte da grella de PontevedraViva Radio.
O equipo do programa trasladarase á localidade coincidindo coa xornada de clausura do Festival Internacional de Curtametraxes FICBUEU.
O director e presentador do espazo radiofónico, Javier Gallego entrevistará a profesionais de recoñecido prestixio que estarán na vila para participar no festival e contará coa participación do público. Ademais está prevista a actuación de grupos musicais en directo.
Carne Cruda é un programa no que se xuntan o humor, a música, a política ou a actualidade desde un punto de vista crítico e ácido.
O espazo, tras pasar polas grellas da Cadena SER ou Radio 3, emítese a través de internet tres veces por semana a través da súa propia páxina web www.carnecruda.es e doutras canles, como eldiario.es ou PontevedraViva Radio.
En 2012 Carne Cruda foi galardoado co Premio Ondas ao mellor programa da radio española.
Será a segunda vez que estea presente no FICBUEU, tras participar na edición de 2012.
Relacionadas:
-
Bueu recibiu a 6.500 espectadores no Festival Internacional de Curtametraxes, que gañou a cinta grega 'Fox'
Por Redacción |
-
Nieve de Medina recibirá un premio de honra no FICBueu
Por Redacción |
-
RADIO.- As Conversas na Ferrería cóanse no "backstage" do FICBueu
Por Marisa Ciordia |
-
O FICBUEU celebra o seu décimo aniversario cun cento de curtas e a maior oferta de actividades
Por Redacción |
-
O Premio Cinema Galego en el FICBUEU deste ano será para Morris
Por Redacción |
-
O FICBUEU proxectará un cento de curtas no seu décimo aniversario
Por Redacción |