Os mellores ilustradores chegan a Pontevedra para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción
Este martes 2 de abril conmemorase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e a celebración chega a Pontevedra cunha mostra que se poderá visitar ata o 14 de abril na biblioteca nodal Antonio Odriozola.
A exposición ten o título Andersen ilustrado e inclúe unha selección de libros de ilustradores galardoados co Premio Andersen. De feito, este Día Internacional celébrase dende 1967 coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Obradoiros de bookcrossing, exposicións bibliográficas, contacontos para os máis pequenos e visitas guiadas ás bibliotecas son algunhas das propostas que teñen preparadas os centros bibliotecarios de Santiago de Compostela, da Coruña, de Lugo, de Ourense, de Vigo e de Pontevedra coordinadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.