O Teatro Principal proxectará un Noticiario dos irmáns Barreiro de hai oitenta anos
Por Oskar Viéitez
Ocorriu no transcurso dunha investigación sobre a música galega. Segundo explicou Ramón Pinheiro, un dos compoñentes da Central Folque, estaban a traballar nunha casa en Vigo cando atoparon cunha lata oxidada co que crían que eran películas dos anos 50. Inmediatamente a entregaron no Centro Galego das Artes da imaxe.
A sorpresa foi que a película era un Noticiario do ano 1932 que incluía as seguintes reportaxes: "El Nuncio de Su Santidad en Galicia, El Presidente del Consejo y del Ministro de la Gobernación en Galicia, La playa de Compostela en Villagarcía, La elección de Miss Galicia en Vigo, Concurso de natación celebrado en Vigo, Campeonato de Tiro de Pichón en Lugo, Atletismo en Pontevedra, Desfile de Atletas en la Plaza de Toros, Pesca de pulpo en Galicia, Partido de foot-ball Deportivo-Eiriña en La Coruña, Actualidad Política en Pontevedra e Monasterio de Armenteira".
Os autores foran os irmáns Enrique e Ramón Barreiro, fotógrafos e cineastas pontevedreses que fundaron a produtora cinematográfica Folk, co obxectivo da posta en marcha dun noticiario cinematográfico de Galicia, capaz de recoller "nuestras costumbres, las rutas del turismo, las gestas deportivas, las fiestas aldeanas y las de las villas y ciudades, las notas de actualidad... Cuanto es el vivir cotidiano de la tierra celta", xustificaba a súa inscrición no Rexistro da propiedade.
Enrique, coma director técnico, encárgase da produción e do procesado dos noticiarios no laboratorio, Ramón da fotografía e da realización das reportaxes, e o pintor Ramón Peña Gil (Pontevedra, 1899-1974) terceiro socio da compañía era o responsable da produción publicitaria da empresa.
O Noticiario estreou o seu nº 1 (1932) o primeiro de outubro no Teatro Principal, como complemento da longametraxe Deliciosa (Delicious, 1931, David Butler) agora, oitenta e un anos despois, o 13 de abril de 2013 as 21:00 horas o Teatro Principal volverá a acoller un pase deste noticiario que dura só 11 minutos.
ÿ cinema mudo mais haberá música en vivo, da man do grupo Comisa Bal.