Un concerto didáctico inaugura as Escolas Tradicionais de Retrouso de Cela
Por Redacción
A asociación cultural de Bueu Retrouso de Cela dará por inaugurado esta semana o novo curso das súas Escolas Tradicionais coa celebración dun concerto didctico na escola na que o colectivo naceu como grupo de baile en 1996, o CEIP Torre-Cela de Bueu.
Segundo informou o colectivo a través dun comunicado, varios dos mestres das escolas no curso 2017-2018 farán unha demostración de música e baile tradicional para introducir o gusto pola cultura galega entre os máis pequenos. Será ás 9.30 e as 12.30 horas deste venres 29 de setembro e servirá de inicio simbólico das clases, que comenzarán este sábado 30.
O coordinador das actividades de Retrouso, Rubén Bastón, explica que o obxectivo deste curso é reforzar unha liña de formación máis afianzada na tradición foliadeira do Morrazo e incidir máis na interrelación entre as distintas aulas, con ensaios conxuntos cada mes.
A principal novidade deste curso é que se incorpora Andrea Cabanelas como mestra de canto e pandeireta. Esta moza de 24 anos leva un tempo colaborando con Retrouso e agora incorpórase no corpo docente como "unha aposta de futuro e de presente para levar as tres aulas de adultos de Retrouso".
Repiten como mestres Débora Pena e Miguel Sotelo nas clases de baile a pequenos e adultos, Pablo Fernández Rial como mestre de gaita e Xulia Feixoo como responsable das clases de percusión.