A cultura urbana de Deporúarte móvese este sábado por Poio
Por Redacción
Este sábado 30 de setembro, a chaira da Seca en Poio, nas proximidades do colexio Isidora Riestra, será o escenario para que menores con máis de 12 anos participen en actividades relacionadas coa cultura urbana, a través de varios talleres.
Os mozos que participen nesta xornada poderán participar en obradoiros de breakdance, de turntablism DJ e de beatbox, no apartado MusicArte. Tamén haberá unha zona para aprender técnicas de grafiti, co obxectivo de expresar ideas e preocupacións a través da pintura urbana.
Nun apartado de CreaArte ofrecerase un obradoiro de personalización de gorras trucker no que as persoas que participen deseñarán os seus nomes en letras de grafiti para plasmalas na parte frontal das súas gorras.
Aqueles interesados en participar deberán ser maiores de 12 anos e terán que achegarse entre as 17.00 e as 20.00 horas á chaira da Seca. A proposta está organizada para que tamén participen en todas as actividades tanto menores como monitores con diversidade funcional e mobilidade reducida.
A proposta 'DepoRÚArte', promovida pola Deputación Provincial, continúa con esta xornada o seu percorrido por diferentes concellos de Pontevedra. Ao evento asistirán as deputadas de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas e a deputada de Deportes, Chelo Bicada.
Relacionadas:
-
RADIO.- O breaking galego necesita recursos para traer medallas nas Olimpíadas de París 2024
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Emerxencia climática, tema central do primeiro mural de Deporúarte no Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Lección de igualdade do alumnado do colexio Toural de Vilaboa
Por Redacción |
-
O colexio Don Aurelio de Cuntis estrea un simbólico mural
Por Redacción |