A webserie Generación Wifi estréase o 18 de outubro en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o próximo 18 de outubro, ás oito da tarde, a estrea da webserie pontevedresa Generación Wifi, unha ficción que crítica a través do humor a vida que levamos atados ás novas tecnoloxías.
Generación Wifi, dirixida por Julia María Castro Diéguez, céntrase na historia de Valeria, unha moza de trinta en paro, que presenta os novos mandamentos da xeración do século XXI, unha relixión marcada pola adicción ao móbil e a Internet.
Nas tramas aparecerán personaxes con discapacidade que nos axudarán a reflexionar sobre o mundo en que vivimos, achegando unha visión positiva na historia. Axudarán a Valeria un compañeiro de traballo con síndrome de Down; a súa mellor amiga, unha persoa cega; e o seu veciño, unha persoa xorda.
A serie está protagonizada por Xúlio Abonjo, Miro Magariños, Bea Campos, Arantxa Treus e Ariadna Santana, así como por actores e extras que foron seleccionados no casting que se realizou na Casa da Luz de Pontevedra.
Son, en total, tres episodios de dez minutos cada un que foron rodados a principios deste ano en localizacións de Pontevedra, Sanxenxo e Campo Lameiro.
No proxecto colaboraron entidades sociais como Down Pontevedra, o Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra, IDendeaf (Produción e Formación Audiovisual en Lingua de Signos) e Entresignos, un servizo profesional de intérpretes de lingua de signos.
Ademais, conta coa colaboración da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, o Mercado de Abastos e a Pontevedra Film Comission.
Relacionadas:
-
RADIO.- A Playlist: Os dez mandamentos de Julia Castro
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Óscar Cruz, creatividade pontevedresa premiada nos Mestre Mateo
Por Marisa Ciordia |
-
A webserie 'Peter Brandon' amosa no Principal o día a día do cómico Pedro Brandariz
Por Mónica Patxot |
-
Clases de lo social e La última piedra, entre as mellores webseries dun festival de Perú
Por Redacción |
-
A webserie pontevedresa 'La última piedra' ponse de longo no Teatro Principal
Por Redacción |